34 Vendo os porqueiros tal cousa, fuxiron, levando a novidade pola vila e polas aldeas.
Mentres elas ían, algúns da garda foran á cidade para informaren ós sumos sacerdotes de canto acontecera.
Os porqueiros, fuxindo, chegaron á vila e contaron todo, incluso o dos endemoñados.
Os porqueiros fuxiron, levando a nova á vila e ás aldeas. A xente ía ver o que pasaba.
E saíndo do home fóronse meter nos porcos, que se chimparon polo barranco abaixo, e foron afogar no lago.
A xente veu ver o que pasara, achegándose a onde estaba Xesús. Alí atoparon o home, do que saíran os demos, vestido e cheo de xuízo, sentado ós pés de Xesús; e quedaron asustados.