Non será que o tes ti ben cinguido cun valado, el, o seu lar, e canto posúe, e que bendiciches canto fai, e que o seu gando se espalla por toda a campía?
Sacrifícase un touro e tamén se mata a un home, sacrifícase un año e tamén se descroca un can. Presentase en ofrenda o sangue de porco, faise unha lembranza con incenso e tamén se bendí un ídolo. Certo que eles escolleron os seus vieiros, e o seu gusto compraceuse nas abominacións.