Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 8:30 - Biblia SEPT

30 Xesús preguntoulle: Como te chamas? El respondeu: Chámanme Lexión. E é que eran moitos os demos que tiña no corpo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 8:30
7 Iomraidhean Croise  

Seica pensas que non podo acudir a meu Pai? El poñería á miña disposición, agora mesmiño, máis de doce lexións de anxos.


Falábase del en toda Siria e traíanlle enfermos con toda clase de doenzas e padecementos, endemoñados, epilépticos, tolleitos; e a todos curaba.


E berrando dicían: Que temos que ver contigo, Fillo de Deus? Seica vés para atormentáresnos antes de tempo?!


Xesús resucitou no abrente do primeiro día da semana, e aparecéuselle en primeiro lugar a María Magdalena, da que botara sete demos.


E preguntoulle tamén: Como te chaman? El respondeulle: Chámanme lexión, porque somos moitos.


e mais algunhas mulleres que el curara de doenzas e de malos espíritos: María, chamada a Magdalena, curada de sete demos,


E era que el lle estaba mandando ó espírito malo saír daquel home, xa que en moitas ocasións se apoderara del e tíñano que atar con cadeas e grillóns para contelo; pero tronzaba os ferrollos, e o demo turraba por el cara ós campos ermos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan