Porque quen son eu e quen é o meu pobo para que poidamos facer estas ofrendas voluntarias? Todo vén de ti, e o que voluntariamente che ofrecemos de ti recibímolo.
A súa ganancia no comercio e a súa paga de prostituta consagraralla ó Señor. Non se almacenará nin amoreará, senón que a súa ganancia será para os que habitan ante a presenza do Señor: comerán e fartaranse e vestirán esplendidamente.
E cando entraron na casa atoparon o neno con María, súa nai. Prostráronse e rendéronlle homenaxe; logo, abrindo os seus tesouros, ofrecéronlle coma regalo ouro, incenso e mirra.
Había na Igrexa de Antioquía profetas e mestres: Bernabé, Simeón chamado Níxer, Lucio de Cirene, Menahén compañeiro de infancia do tetrarca Herodes, e Saulo.
e con sona de boas obras: se educou ben os fillos, se foi hospitalaria, se lavou os pés dos santos, socorreu os que o estaban pasando mal e aproveitou todas as ocasións de facer o ben.