Por que cando eu cheguei non había ninguén e cando chamei ninguén respondeu? Acaso é a miña man demasiado curta para non rescatar? Acaso non hai en min forza para liberar? Cando eu brúo, fago secar o mar, converto os ríos nun deserto, feden os peixes por falta de auga e morren coa sede.
A min non me tedes respecto? —é o Señor quen fala—. Non tremedes ante a miña presenza? Eu son o que puxen a area de lindeiro para o mar: marxe eterna que el non traspasa; enfurécense as súas ondas, pero non son capaces, revólvense, pero non traspasan a marxe.