22 Un día embarcou nun bote xunto cos seus discípulos e díxolles: Veña! Imos para a banda de alá do lago. Desatracaron
De seguida mandou ós seus discípulos que embarcasen e que fosen diante para a outra banda, mentres el despedía a xente.
Vendo Xesús que o rodeaba un mundo de xente, ordenou pasar para a outra banda.
Pasando de novo nunha barca para a banda de enfronte, xuntouse moita xente arredor del, que estaba na beira do mar.
De seguida mandou ós seus discípulos que embarcasen e fosen indo diante para Betsaida, mentres el despedía a xente.
Así, deixounos, volveu embarcar e foise para a outra banda.
Estando el á beira do lago Xenesaret, mentres a xente se amoreaba ó seu arredor, escoitando a Palabra de Deus,
e mentres navegaban botouse a durmir. Nisto caeu sobre o lago un gran remuíño de vento, e a lancha anegábase, poñéndoos en perigo.
E saíndo do home fóronse meter nos porcos, que se chimparon polo barranco abaixo, e foron afogar no lago.
Despois disto foi Xesús á outra banda do Mar de Galilea (o de Tiberíades).
Embarcamos nunha nave de Adramitio, que estaba a punto de levar áncoras para as costas de Asia e saímos para o mar, levando connosco a Aristarco, macedonio de Tesalónica.