Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 8:2 - Biblia SEPT

2 e mais algunhas mulleres que el curara de doenzas e de malos espíritos: María, chamada a Magdalena, curada de sete demos,

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 8:2
11 Iomraidhean Croise  

Falábase del en toda Siria e traíanlle enfermos con toda clase de doenzas e padecementos, endemoñados, epilépticos, tolleitos; e a todos curaba.


Pasado o sábado, María Magdalena, María de Santiago e mais Salomé mercaron perfumes para iren embalsamalo.


Xesús resucitou no abrente do primeiro día da semana, e aparecéuselle en primeiro lugar a María Magdalena, da que botara sete demos.


Ía tras eles unha chea de xente e mulleres batendo no peito e laiándose por el.


Os seus coñecidos seguían todo de lonxe, e igual as mulleres que o acompañaran desde Galilea.


Tamén estiveron presentes as mulleres que o acompañaban desde Galilea, pois seguiron a Xosé, e viron o sepulcro e como o depositaba.


Xesús preguntoulle: Como te chamas? El respondeu: Chámanme Lexión. E é que eran moitos os demos que tiña no corpo.


O pé da cruz de Xesús estaban súa nai e a irmá de súa nai, María a de Cleofás, e mais María a Magdalena.


E todos eles dedicábanse conxuntamente á oración, con algunhas mulleres e mais María a nai de Xesús e cos seus irmáns.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan