Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 8:15 - Biblia SEPT

15 Os da terra boa, son aqueles de bo e xeneroso corazón, que escoitando a Palabra, retéñena, producindo froito coa súa perseveranza.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 8:15
40 Iomraidhean Croise  

No meu corazón escondo os teus ditos, para non pecar ante ti.


Faime sentir o gozo e a ledicia, que relouquen os meus ósos quebrantados.


Filliño, non esquezas o meu ensino e garda no ánimo os meus mandatos


Cando había palabras túas, eu devorábaas, as túas palabras eran para min unha alegría, e a ledicia do meu corazón; olla que Ti mesmo invocaches o teu Nome sobre min, Señor Deus dos Exércitos.


Velaquí o pacto que eu hei pactar coa casa de Israel despois deses días —é o Señor quen fala—: Hei meter a miña lei nas súas entrañas, escribireina nos seus corazóns, serei para eles o seu Deus, e eles serán para min o meu pobo.


Os caldeos que están asediando esta cidade entrarán nela e prenderanlle lume; incendiarán as casas onde, nas terrazas, queimaron incenso en honor de Baal e verteron libacións a deuses alleos para anoxarme a min.


Pero o que persevere ata o final, salvarase.


Pero el replicoulle: Ditosos máis ben os que escoitan a Palabra de Deus e a gardan.


O home bo saca o ben da bondade do seu propio corazón, e o home malo saca o mal da súa maldade, pois do que reborda o corazón fala a boca.


Os das silvas son os que a escoitan; pero por mor das preocupacións, riquezas e praceres da vida, non chega a madurecer.


Agora ben, ninguén acende un candil para cubrilo cunha ola ou para o meter debaixo da cama, senón para poñelo nun candeeiro e alumar así a cantos entren.


Se me amades, gardaredes os meus mandamentos,


Se gardades os meus mandamentos, permaneceredes no meu amor, coma eu gardei os mandamentos de meu Pai, e permanezo no seu amor.


ós que perseveran nas boas obras e buscan a gloria, a honra e a inmortalidade, halles dar vida eterna;


Agora, en troques, liberados do pecado e feitos escravos de Deus, tedes coma froito a santidade e coma fin a vida eterna.


Pois sei que non é o ben o que mora en min, é dicir, na miña condición irredenta, porque o querer está dentro de min, pero o obrar o ben, non.


Así que, meus irmáns, tamén vós quedastes mortos para a Lei mediante o corpo de Cristo, para pertencerdes a outro: a aquel que resucitou dos mortos; de xeito que deamos froitos para Deus.


Pero, se esperamos o que non vemos, demostramos esperar con constancia.


Nada vale a circuncisión, nada vale a incircuncisión: o que vale é cumprir os mandamentos.


Porque vos salvaron por graza, mediante a fe; e isto non vén de vós: é don de Deus;


O Señor, o teu Deus, circuncidará o teu corazón e o corazón da túa descendencia, para que ames o Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón e con todo o teu ser, a fin de que vivas feliz.


e cheos do froito da xustiza que se consegue por medio de Xesús Cristo para gloria e loanza de Deus.


Así daredes coma froitos toda clase de obras boas e medraredes no coñecemento de Deus;


que chegou ata vós. Tamén entre vós, coma en todo o mundo, o Evanxeo dá froitos e medra desde o día que escoitastes e coñecestes de verdade a graza de Deus,


Xa que, de feito, cómprevos paciencia para vos conformar coa vontade de Deus e deste xeito conseguir a promesa:


Por isto temos que poñer toda a atención ó que un día oímos, non sexa que andemos á deriva.


Pero cómpre que a paciencia vaia acompañada de boas obras, de xeito que sexades perfectos e completos sen fallardes en cousa ningunha.


Sabemos que o coñecemos de verdade polo feito de que cumprimos cos seus mandamentos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan