13 Os das pedras son aqueles que cando a oen, acollen con alegría a Palabra; pero, como non teñen raíz, cren por certo tempo, mais, cando vén a tentación, abandonan.
Día tras día búscanme a min e comprácense no coñecemento dos meus vieiros, coma se fosen un pobo que practicase a xustiza e non abandonase a lei do seu Deus. Pregúntanme polos preceptos da xustiza e comprácense coa proximidade de Deus.
Velaí, ti es coma un canto de promesas de amor, coma unha voz temperada e que se acompaña ben cun instrumento de corda. Escoitan as túas palabras, pero entre eles non hai quen as cumpra.
Por moito que eu falase inspirado e comprendese todos os misterios e mais toda a ciencia e tivese tanta fe que movese os montes, se non tiver amor, non sería nada.
Unicamente que debedes seguir cimentados e firmes na fe e non vos arredar da esperanza que escoitastes no Evanxeo; ese Evanxeo que se lles predicou a todas as criaturas, debaixo do ceo, e do que a min, Paulo, me fixeron servidor.
Por iso, eu tampouco non aguantei máis e mandeino a que se informase da vosa fe; non fose que vos seducise o tentador e o noso traballo resultase estéril.
Se os que se libran das inmundicias do mundo, grazas a coñeceren ó noso Señor e Salvador Xesús Cristo, se deixan enlizar e vencer de novo polas mesmas inmundicias, o seu final vénlles ser peor do que o principio.
Os anticristos saíron dos nosos, aínda que eles non eran dos nosos; se fosen dos nosos habían quedar connosco; pero non, eles saíron para deixar ver que non todos son dos nosos.
Estes son os que deshonran os vosos xantares de irmandade, con enchentes desaxeitadas e cebándose; nubes sen auga, levadas polos ventos de acá para acolá; árbores outonizas sen froito, dúas veces mortas, desenraizadas;