Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 8:10 - Biblia SEPT

10 El respondeu: A vós concedéusevos coñecer os misterios do Reino de Deus, pero ós outros unicamente en parábolas, de xeito que vendo, non vexan e escoitando, non entendan.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 8:10
24 Iomraidhean Croise  

O segredo do Señor é para os que o temen, e instrúeos coa súa alianza.


Por isto, velaí: eu volverei a asombrar este pobo, facendo marabillas e prodixios: a sabedoría dos seus sabios perecerá e a intelixencia dos seus intelixentes quedará enterrada".


Non saben nada nin entenden, están ofuscados; os seus ollos non ven, e a súa mente non pensa.


Respondeume: "Vai e dille a ese pobo: Escoitade atentamente, que non entenderedes. Ollade con todo o xeito, que non comprenderedes.


Escoitade isto, pobo louco e sen xuízo: teñen ollos e non ven, teñen oídos e non escoitan.


Fillo de Adam, ti estás vivindo no medio da Casa Rebelde: teñen ollos para ver, e non ven; teñen oídos para escoitar, e non escoitan, pois son Casa Rebelde.


Naquel tempo dixo Xesús: Bendito sexas, meu Pai, Señor do ceo e mais da terra, porque lles escondiches estas cousas ós sabios e ós prudentes e llas revelaches á xente humilde.


E Xesús contestoulle: Ditoso ti, Simón, fillo de Xonás; porque iso non cho revelou ninguén de carne e sangue, senón meu Pai que está no ceo.


El respondeu: A vós concedéusevos coñecer o misterio do Reino de Deus; pero ós de fóra soamente en parábolas,


de tal xeito que mirar miren, pero non vexan; escoitar escoiten, pero non entendan: non sexa que se convertan e se lles perdoe.


Cegou os seus ollos e endureceu os seus corazóns, non sexa que os seus ollos vexan e a súa mente entenda e se convertan e eu os salve.


A aquel que é potente para vos afianzar no meu Evanxeo e no anuncio de Xesús Cristo, conforme a revelación do misterio escondido durante tempos eternos,


Pero todo isto é un e o mesmo Espírito quen o realiza, repartindo a cada un en particular, como a El lle parece.


Eu fíxenvos camiñar durante corenta anos polo deserto; os vosos vestidos non se gastaron sobre vós nin a túa sandalia se gastou no teu pé;


Así atoparán consolo os seus corazóns, para que, ben unidos no amor, logren a gran riqueza dunha comprensión total e coñezan o misterio de Deus, Cristo,


Estamos todos de acordo en que é grande o misterio da nosa relixión: Que se manifestou coma home, xustificou no Espírito, apareceulles ós mensaxeiros, predicáronllelo ós xentís, creu nel todo o mundo, foi exaltado na gloria.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan