9 Oíndo aquilo, Xesús ficou abraiado, e virándose díxolle á xente que o seguía: Asegúrovos que nin en Israel atopei tanta fe.
Entón respondeulle Xesús: Muller, a túa fe é ben grande: fágase, logo, como desexas! E a súa filla ficou sa naquela hora.
A Xesús chamoulle moito a atención oír aquilo, e díxolles ós que o seguían: Asegúrovos que non atopei a ninguén cunha fe tan grande en todo Israel.
E así que lle botou o demo fóra, o mudo falou. A xente quedou coa boca aberta e dicía: Nunca tal cousa se viu en Israel.
E, ó volveren á casa, os mandados atoparon san o criado.
Pero el díxolle á muller: Salvoute a túa fe, vai en paz.
Pois eu, aínda que son un subordinado, tamén teño homes baixo as miñas ordes, e dígolle a este "vai", e vai; a aqueloutro "ven", e vén; e ó meu criado "fai isto", e faino.