Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 7:46 - Biblia SEPT

46 Non me unxiches a cabeza con aceite, pero ela unxiume os pés con perfume.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 7:46
11 Iomraidhean Croise  

David entón ergueuse do chan, lavouse, perfumouse e mudouse, e logo foise prostrar á casa do Señor. Despois volveu para o seu pazo, pediu de comer, servírono e comeu.


e mandou a Tecóah que trouxesen de alí unha muller arteira, á que lle dixo: —"Finxe que estás co dó, viste roupas de loito, non te unxas con óleo e fai coma se foses unha muller que leva loito hai tempo por un morto.


e viño que alegra o corazón do home; para que co aceite fagan brillar o seu rostro e co pan repoñan as forzas.


Ti pos para min a mesa, á cara dos meus inimigos; únxesme con perfume a cabeza, e a miña copa reborda.


Viste en todo tempo vestiduras brancas e non falte o perfume sobre a túa cabeza!


Beben viño nas grandes copas e únxense coa esencia dos perfumes, mais a desfeita de Xosé non os deprime.


Sementarás, pero non recollerás. Pisarás as olivas, pero non te perfumarás co aceite; pisarás as uvas, pero non beberás o viño.


Ti, en troques, cando xaxúes, perfuma a cabeza e lava a cara,


Por iso dígoche: moitos pecados se lle perdoaron, cando mostra tanto amor; a quen pouco se lle perdoa, pouco amor mostra.


Así que lávate ben e únxete, viste o manto, baixa á eira e non te deixes albiscar ata que el remate de comer;


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan