45 Non me deches o bico, pero ela desde que entrou non parou de me bicar os pés.
e abeberou as ovellas de Labán. Despois deulle un bico a Raquel e rompeu a chorar.
Esaú correu ó seu encontro, apertouno, abrazóuselle ó pescozo e bicáronse chorando.
E cando alguén se lle acercaba e o saudaba, el tendíalle a man, agarrábao e abrazábao.
O rei respondeulle: —"Que veña, logo, Quimham. Tratareino como ti queiras. E calquera cousa que me pidas, eu fareina por ti".
O traidor déralles esta contrasinal: A quen eu lle dea un bico, ese é, prendédeo.
Saudádevos uns a outros co ósculo litúrxico. Mándanvos saúdos todas as igrexas de Cristo.
Saúdanvos todos os irmáns. Saudádevos uns a outros co ósculo litúrxico.
E vós, pais, non sexades rigorosos de máis cos vosos fillos; non: educádeos na disciplina e na doutrina do Señor.
Dádelles o saúdo a todos os irmáns co ósculo santo.