44 E volvéndose cara á muller, díxolle a Simón: Ti ves esta muller? Entrei na túa casa, e non me deches auga para os pés, pero ela regoumos coas súas bágoas e secoumos cos seus cabelos.
Díxolles Lot: —"Pídovos, meus señores, que veñades á casa do voso servidor, para pasar a noite nela. Lavaredes os pés e, de mañá, seguiredes camiño". Responderon eles: —"Non. Durmiremos na praza".
botouse por detrás ós pés del chorando, e comezou a regarllos coas bágoas; secáballos cos cabelos da súa cabeza e bicáballos mentres llos unxía co perfume.
e con sona de boas obras: se educou ben os fillos, se foi hospitalaria, se lavou os pés dos santos, socorreu os que o estaban pasando mal e aproveitou todas as ocasións de facer o ben.