Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 7:40 - Biblia SEPT

40 Xesús tomou a palabra e díxolle: Simón, teño algo que che dicir. El contestou: Pois dío, Mestre.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 7:40
16 Iomraidhean Croise  

El respondeulle: —"Veño". E engadiu: —"Teño que dicirche unha cousa". Ela díxolle: —"Fala".


Veñen onda ti coma ás xuntanzas do pobo. Así os do meu pobo sentan na túa presenza; escoitan as túas palabras, pero cumprir, non as cumpren; coas súas bocas están facendo promesas de amor, pero os seus corazóns van tralas inxustas ganancias.


O fillo venera ó pai, e o servo ó señor. Pero, se eu son o Pai, onde está a miña veneración? E se eu son o Señor, onde está o meu respecto?" —dívolo o Señor dos Exércitos a vós, sacerdotes que desprezades o meu Nome. E vós dicides: "En que desprezamos o teu Nome?"


De seguida achegouse a Xesús e díxolle: Saúde, Mestre! E bicouno.


Moitos hanme dicir naquel día: "Señor! Señor!, non profetizamos no teu nome, non botamos os demos fóra no teu nome, e no teu nome non fixemos moitos milagres?"


Un home importante preguntoulle: Mestre bo, que teño que facer para acadar a vida eterna?


Decatándose Xesús do que pensaban, díxolles: Que cavilades nos vosos adentros?


Xesús respondeulles: Non son os sans, senón os enfermos, os que precisan médico.


Pero el, coñecendo os seus pensamentos, díxolle ó home que tiña a man tolleita: Érguete e ponte no medio. El ergueuse e púxose no medio.


Vendo aquilo, o fariseo que o convidara dixo para si: Se este fose un profeta, coñecería quen é, e que caste de muller é a que o está a tocar, unha pecadora.


Un prestamista tiña dous debedores, un debíalle cincocentos denarios, e o outro cincuenta.


Vós chamádesme "Mestre" e "Señor" e dicides ben porque o son.


Coñeceu Xesús que lle querían preguntar e díxolles: Matinades entre vós acerca disto que vos dixen, "un pouquiño e xa non me veredes, e outro pouquiño e volverédesme ver"?


Agora sabemos que o sabes todo, e non precisas que ninguén che pregunte: por iso cremos que saíches de Deus.


Este veu onda el pola noite e díxolle: —Rabbí: sabemos que viñeches de Deus coma mestre, pois ninguén pode facer estes signos que ti fas, non sendo que Deus estea con el.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan