Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 7:39 - Biblia SEPT

39 Vendo aquilo, o fariseo que o convidara dixo para si: Se este fose un profeta, coñecería quen é, e que caste de muller é a que o está a tocar, unha pecadora.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 7:39
25 Iomraidhean Croise  

cando Guehazí, criado do home de Deus, Eliseo, se puxo a pensar: —"O meu amo foi mirado de máis con ese arameo, Naamán, non aceptando cousa ningunha de canto lle ofrecía. Polo Señor vivo! Vou correndo tras el, a ver se me dá algunha cousa".


é coma un pelo de través na gorxa; dirache: —"come e bebe!" mais non lle interesas ren.


Din: "Arreda, non me toques, que te podería consagrar". Estas cousas son fume nos meus narices, lume que arde todo o tempo.


Así, dese mesmo xeito, os últimos serán os primeiros, e os primeiros serán os últimos.


A xente respondía: Este é o profeta Xesús, o de Nazaret de Galilea.


porque de dentro, do corazón do home, xorden os malos pensamentos, as fornicacións, os roubos, os asasinatos,


Púxose entón a cavilar: "Como vou facer, que non teño onde meter o froito?"


Por iso os fariseos e letrados murmuraban: Este acolle os pecadores e come con eles.


O administrador púxose a cavilar: "E agora que vou facer, que quedo sen traballo? Cavar, non podo; e botarme a pedir, dáme vergonza.


El durante moito tempo non lle fixo caso ningún; pero despois cavilou: "Aínda que non temo a Deus nin respecto o home,


Dade froitos dignos dunha verdadeira conversión, e non empecedes a dicir entre vós: "Somos fillos de Abraham". Asegúrovos que destas mesmísimas pedras pode sacar Deus fillos de Abraham.


Todos quedaron impresionados e loaban a Deus, dicindo: Un gran profeta xurdiu entre nós; Deus visitou o seu pobo.


Unha muller, coñecida como pecadora na vila, sabedora de que estaba alí, levou un frasco de alabastro con perfume de mirra,


botouse por detrás ós pés del chorando, e comezou a regarllos coas bágoas; secáballos cos cabelos da súa cabeza e bicáballos mentres llos unxía co perfume.


Xesús tomou a palabra e díxolle: Simón, teño algo que che dicir. El contestou: Pois dío, Mestre.


A muller respondeu: Señor, vexo que ti es profeta.


E polo baixo a xente falaba moito del. Uns dicían: "é un bo home"; outros, ó revés: "nada, nada: é un enredante".


Chamaron por segunda vez polo home que fora cego e dixéronlle: Dá gloria a Deus: nós sabemos que ese home é un pecador.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan