34 E aparece o Fillo do Home, que come e bebe, e dicides: "Mira que larpeiro, que bebedor e que amigo de recadadores e pecadores".
Apareceu o Fillo do Home, que come e bebe, e din: "que larpeiro, que bebedor e que amigo de recadadores e pecadores". Con todo, a sabedoría quedou acreditada polas súas obras.
Porque, se amades os que vos aman, que recompensa ides ter? Non fan o mesmo os recadadores de impostos?
Cando tal viron os fariseos, dixéronlle ós discípulos del: Como é que o voso Mestre está a comer con recadadores e pecadores?
Mentres falaba, un fariseo convidouno a comer na súa casa. Entrou e púxose á mesa.
Un sábado ía el comer, á casa dun xefe dos fariseos; e eles vixiábano.
Por iso os fariseos e letrados murmuraban: Este acolle os pecadores e come con eles.
Pero vendo aquilo, a xente empezou a murmurar: Entrou a se hospedar na casa dun pecador.
Leví ofreceulle na súa casa un gran banquete, e había moitos recadadores e outra xente sentados á mesa con eles.
Porque aparece Xoán Bautista, que non come nin bebe, e dicides: "Ten o demo no corpo".
Con todo, a sabedoría de Deus quedou ben acreditada por todos aqueles que son fillos dela.
Un fariseo convidouno a comer; Xesús entrou na casa del e púxose á mesa.
Fixéronlle alí unha cea. Marta servía, mentres que Lázaro era un dos comensais.
Tamén foi convidado Xesús e mais os seus discípulos ó casamento.