27 Este é de quen está escrito: Olla, mando o meu mensaxeiro diante de ti para que prepare o camiño ante ti.
Unha voz clama: "No deserto preparádelle o camiño ó Señor. Endereitádelle na estepa a calzada ó noso Deus.
Velaí: eu envío o meu mensaxeiro, para que limpe o camiño diante de min. Nun momento entrará no seu santuario o Señor a quen vós estades buscando, o mensaxeiro da Alianza, a quen vos lle tendes amor: vede que chega —fala o Señor dos Exércitos—.
Este é de quen está escrito: Olla, mando o meu mensaxeiro diante de ti, para que prepare o teu camiño.
Como está escrito no profeta Isaías: Mira: mándoche por diante un mensaxeiro, para que prepare o teu camiño.
E a ti, meu meniño, hanche chamar profeta do Altísimo, porque irás por diante do Señor, preparando os seus camiños,
Pois logo, que fostes ver? Un profeta? Si, e asegúrovos que moito máis ca un profeta.
E dígovos: aínda non naceu de muller ninguén meirande do que Xoán Bautista, aínda que o máis pequeno no Reino de Deus é meirande ca el.
El dicía: Eu son a voz do que clama no deserto, "endereitade o camiño do Señor" (como escribira o profeta Isaías).