24 O que se foron os mensaxeiros de Xoán, comezou Xesús a falarlle de Xoán á xente: Que fostes ver no deserto? Unha canivela abaneada polo vento?
Arrogante coma as augas, xa non medras, porque subiches ó leito de teu pai e, ó subires, profanaches o meu tálamo.
O meniño medraba, facéndose forte de espírito; e viviu no deserto ata o día no que se manifestou a Israel.
durante o pontificado de Anás e Caifás, chegoulle a Palabra de Deus a Xoán, fillo de Zacarías, no deserto.
E ditoso quen non se escandalice de min.
Ou que fostes ver, logo? Un home vestido con roupas finas? Pero os que visten elegantemente e con luxo están nos pazos reais.
El dicía: Eu son a voz do que clama no deserto, "endereitade o camiño do Señor" (como escribira o profeta Isaías).
Así xa non seremos nenos, batidos e levados á deriva polas ondas de calquera corrente de doutrina, á mercé do engano dos homes e de argucias demagóxicas,
Son coma fontes secas, nubes mouras empurradas por unha tormenta: a negra escuridade está gardada para eles.
Polo tanto vós, meus amigos, ben avisados, estade en vela, para non perderdes a vosa firmeza, arrastrados polo erro de xente sen conciencia.