Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 7:19 - Biblia SEPT

19 mandounos onda o Señor a lle preguntar: Es ti o que ten que vir, ou esperaremos por outro?

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 7:19
38 Iomraidhean Croise  

Todos os pobos da terra terán bendición na túa descendencia, por me teres ti obedecido".


Poño hostilidade entre ti e a muller, entre a túa liñaxe e a dela. Ti tentarás de atanguerlle o calcañar, pero ela esmagarache a cabeza".


Non se afastará o cetro de Xudá nin de entre os seus pés o báculo, ata que chegue o seu dominador e os pobos o obedezan.


Sairá un xermolo do pé da árbore de Ixaí e un gromo brotará da súa raíz.


Por isto, o meu Señor daravos El mesmo un sinal: Velaí a doncela: está en cinta e dá a luz un fillo, ó que lle pon de nome Emmanuel;


El seranos conservado para sempre, mentres haxa muller que dea a luz; o resto dos seus irmáns volverá, e serán devoltos os fillos de Israel.


conmoverei a todos os pobos e virán aquí todas as súas riquezas, encherei este templo de esplendor —fala o Señor dos Exércitos—.


Relouca, filla de Sión, grita de ledicia, filla de Xerusalén. Velaí chega o teu rei, é xusto e protexido do Señor, humilde e montado nun burro, si, nun burriño fillo dunha burra.


Entón chamou os Doce, e empezou a mandalos de dous en dous, dándolles poder sobre os espíritos malos.


Despois disto designou o Señor a outros setenta e dous, e mandounos de dous en dous por diante del a tódalas vilas e aldeas onde tiña pensado ir.


Dunha vez despois de estar el orando en certo lugar, un dos discípulos pediulle: Mestre, apréndenos a rezar, como lles aprendeu Xoán ós seus discípulos.


Pero o Señor díxolle: Vós, os fariseos, limpades por fóra a copa e mais o prato, e por dentro estades ateigados de roubos e maldade.


Contestoulle o Señor: Quen é, logo, o administrador fiel e prudente, a quen o seu señor encargará o coidado de dar no seu tempo a ración de trigo á servidume?


Replicoulle Xesús: Hipócritas! Non ceibades vós, nos sábados, o voso boi ou o voso burro, para os levar a beber?


Rogáronlle os apóstolos ó Señor: Auméntanos a fe!


O Señor respondeulles: Se tivésedes polo menos unha fe coma un gran de mostaza, diriádeslle a esta moreira: "Arríncate e plántate no mar", e seguro que vos obedecía.


E o Señor continuou: Escoitade o que di un xuíz inxusto.


Zaqueo, posto de pé, díxolle ó Señor: Señor, darei a metade de todo canto teño ós pobres e, se algo roubei a alguén, devolvereille catro veces máis.


O Señor, volvéndose, mirou a Pedro, e este acordouse das súas palabras: "antes de que o galo cante hoxe, ti hasme negar tres veces".


que dicían: É certo, o Señor resucitou e aparecéuselle a Simón.


O vela, o Señor compadeceuse e díxolle: Non chores.


Presentáronse, logo, onda el os dous homes e dixeron: Xoán Bautista mándanos a ti, para preguntarche: "Es ti quen ten que vir, ou esperaremos por outro?".


María fora a que unxira ó Señor con perfume e lle enxugara os pés cos seus cabelos; o seu irmán Lázaro era o enfermo.


Xesús decatouse de que os fariseos oíran que el facía máis discípulos e bautizaba máis ca Xoán


Respondeu a muller: Sei que está para vir o Mesías, o chamado Cristo. Cando el veña, hanos anunciar todas as cousas.


Nisto chegaron algúns botes de Tiberíades, de cerca do sitio onde comeran o pan despois de o Señor dar grazas a Deus.


Xosué, fillo de Nun, enviou ás caladas desde Xitim a dous militares de a pé, dicíndolles: —"Ide ver o país, a Xericó". Eles foron e chegaron a casa dunha rameira chamada Rahab, e pararon alí.


Eu permitireilles ás miñas dúas testemuñas que fagan de profetas durante mil douscentos sesenta días vestidas con roupa feita de sacos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan