Isto será para min un alegre renome, un motivo de loanza e de gloria ante todos os pobos da terra, que oian todo o ben que eu lles fixen a Xudá e a Israel; os pobos saltarán e brincarán de ledicia por todo o ben e toda a paz que eu lles fixen.
El preguntou: De que, logo? Eles contestaron: Do asunto de Xesús o Nazareno, que foi un profeta poderoso en obras e palabras, ante Deus e ante o pobo todo;
Vendo aquilo, o fariseo que o convidara dixo para si: Se este fose un profeta, coñecería quen é, e que caste de muller é a que o está a tocar, unha pecadora.