Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 7:14 - Biblia SEPT

14 E achegándose, tocou o cadaleito os que o levaban pararon, e el mandou: Rapaz, falo contigo: érguete!

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 7:14
20 Iomraidhean Croise  

Logo tendeuse riba do neno por tres veces, chamando ó Señor: —"Señor, meu Deus, fai que o alento de vida deste neno entre nel outra vez".


O Señor escoitou a oración de Elías, e o neno comezou a alentar e reviviu.


pero o home que se deitou non rexorde; ata que o ceo desapareza non se ergue, non ha espertar do seu sono.


(Se morre o home, volverá a vivir?). Eu ben esperaría todos os días do meu traballo ata que me chegase a vez.


pois falou El, e existiron, mandouno El, e xurdiron.


Revivirán os teus mortos, o meu cadáver resucitará, espertarán e brincarán de alegría os habitantes do po. Rosada de nacementos é a túa rosada, o Xeol dará a luz os mortos.


Colleuna pola man e díxolle: —Talitha, qumi (que quere dicir: "rapaza, érguete").


O vela, o Señor compadeceuse e díxolle: Non chores.


O morto incorporouse e empezou a falar; e Xesús entregoullo á súa nai.


E por toda a Xudea e a súa comarca correron estes comentarios.


Díxolle Xesús: Eu son a resurrección e a vida. Quen cre en min, aínda que morra, vivirá;


Pois, así coma o Pai resucita os mortos e lles dá vida, así tamén o Fillo dá vida ós que el quere.


Con toda verdade volo aseguro: chega a hora ou, mellor dito, xa é esta a hora en que os mortos escoitarán a voz do Fillo de Deus e os que a escoiten, vivirán.


conforme está escrito: púxente como pai de moitas nacións, el é pai de todos nós ante o Deus en quen el creu, o que fai vivir os mortos e que chama á existencia mesmo ás cousas que non existen.


que do realizado por eses tales ás agachadas dá vergonza mesmo falar.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan