9 Entón Xesús díxolles: Fágovos unha pregunta: Que está permitido facer no sábado: o ben ou o mal; salvar a vida ou perdela?
E preguntoulles: Que está permitido no sábado: facer o ben, ou facer o mal; salvar a vida ou matar? Pero ninguén falou palabra.
Xesús preguntoulles ós xuristas e fariseos: El está ou non está permitido curar no sábado?
E botándolles a todos unha ollada chea de indignación, díxolle ó home: Estende a túa man. El fíxoo e a man quedoulle curada.
Pero el, coñecendo os seus pensamentos, díxolle ó home que tiña a man tolleita: Érguete e ponte no medio. El ergueuse e púxose no medio.
E foron para outra aldea.