Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 6:8 - Biblia SEPT

8 Pero el, coñecendo os seus pensamentos, díxolle ó home que tiña a man tolleita: Érguete e ponte no medio. El ergueuse e púxose no medio.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 6:8
19 Iomraidhean Croise  

E ti, Salomón, meu fillo, coñece ó Deus de teu pai e sírveo con corazón perfecto e ánimo xeneroso; porque o Señor esculca os corazóns de todos e penetra todos os pensamentos. Se ti o buscas, atoparalo, pero se o abandonas, refugarate para sempre.


Eu sei, meu Deus, que ti espreitas o corazón e que amas a rectitude; por iso fíxenche todas as miñas ofrendas voluntarias na rectitude do meu corazón, e vexo agora con ledicia que todo o teu pobo, que está aquí, che ofrece voluntariamente os seus dons.


—"Confeso que ti o podes todo e non hai designio que che sexa imposible.


Se esquecésemos o noso Deus, ou erguésemos as mans a un deus alleo,


non desfalecerá nin crebará ata establecer na terra a xustiza, e a súa lei, que esperan as nacións.


Coñecendo Xesús o que pensaban, díxolles: Que cavilades nos vosos adentros?


Entón díxolle Xesús ó home da man tolleita: Érguete e ponte no medio.


Xesús ó vela chamou por ela e díxolle: Muller, quedas ceiba da túa enfermidade.


Decatándose Xesús do que pensaban, díxolles: Que cavilades nos vosos adentros?


Entón Xesús díxolles: Fágovos unha pregunta: Que está permitido facer no sábado: o ben ou o mal; salvar a vida ou perdela?


Non precisaba de que ninguén lle dese informacións de ninguén, que ben coñecía el o que había no home.


E preguntoulle por terceira vez: Simón de Xoán, quéresme? Entristeceuse Pedro de que lle preguntase por terceira vez "quéresme?", e respondeulle: Señor, ti sábelo todo, ti ben sabes que te quero. Xesús díxolle: Apacenta as miñas ovellas.


Precisamos facer as obras do que me mandou mentres é día; está a chegar a noite e daquela ninguén pode traballar.


Pero non estimo en nada a miña vida, con tal que poida rematar a miña carreira e o servizo que me encomendou o Señor Xesús: dar testemuño da Boa Nova da graza de Deus.


O rei sabe moito destas cousas e por iso fálolle francamente, pois non creo que as ignore, dado que non ocorreron nun recanto.


sen vos deixardes acovardar polos que vos fan a contra: cousa que para eles é un sinal de condenación e para vós é de salvación; e todo por obra de Deus.


Non hai cousa que se lle esconda, todo está nu e penetrable ós seus ollos: é a ela a quen lle temos de dar contas.


Pois, xa que Cristo padeceu na súa carne, armádevos tamén vós da mesma idea: que quen sofre na carne rompe co pecado;


e ós fillos dela vounos matar cun andazo. Así coñecerán todas as igrexas que eu son o que sonda os sentimentos e as intencións e o que vos dá a cadaquén segundo as vosas obras.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan