Lucas 6:6 - Biblia SEPT6 Outro sábado entrou na sinagoga a ensinar, e atopou un home que tiña unha man tolleita, a dereita. Faic an caibideil |
"Ai do pastor de vento, que abandona o rabaño! Unha espada está contra o seu brazo e contra o seu ollo dereito. O seu brazo estase secando, o seu ollo dereito estase apagando. Espada, esperta contra o meu pastor, contra o home do meu acompañamento". 13,7 —É o Señor dos Exércitos quen fala—. "Fire ó pastor e que se esparexan as ovellas! Si, eu revolverei a miña man contra as súas crías. 13,8 Sucederá en todo o país —é o Señor quen fala— que de tres partes del, dúas desaparecerán e a terceira quedará. 13,9 Eu farei pasar polo lume esta terceira parte, purificareinos tal como se refina a prata, limpareinos tal como se purifica o ouro. El invocará o meu Nome e eu escoitareino. Direi: "El é o meu pobo". E el dirá: "O Señor é o meu Deus".