Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 6:25 - Biblia SEPT

25 Ai de vós, os que agora estades fartos: xa pasaredes fame! Ai de vós, os que agora rides: xa choraredes e xa laiaredes!

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 6:25
33 Iomraidhean Croise  

Aínda que en vida se gabe: —"Admiran o ben que vives",


Mesmo no rir sofre o corazón, e a ledicia acaba na dor.


non sexa que, farto, renegue dicindo: —"Quen é ese, o Señor?"; ou que, empobrecido, roube, aldraxando o nome de Deus.


Chameille ó rir "Parvadas", e da ledicia dixen: "Para que serve?"


Mellor é sufrir que rir, pois a faciana seria faille ben á conciencia.


xa que: "Como o chispear dos toxos baixo o pote é a gargallada do necio"; e tamén iso é vaidade.


Tamén estes cambalean co viño e tropezan co licor. O profeta e o sacerdote cambalean co licor, están devorados polo viño, tropezan por causa do licor, cambalean coa bebida, beben mestura alcohólica a fartar.


Por isto, así fala o Señor Iavé: "Velaí os meus servos: eles comerán e vós pasaredes fame. Velaí os meus servos: eles beberán e vós pasaredes sede. Velaí os meus servos: eles alegraranse e vós avergonzarédesvos.


Un atravesa o país deprimido e famento; cando lle dá fame, desespérase. Empeza a maldicir o seu rei e o seu Deus; volve a cara para o alto,


Menaxés come a Efraím; Efraím, a Menaxés; os dous xuntos a Xudá. Por todo isto non se muda a súa ira, e a súa man está aínda estendida.


trocarei as vosas festas en loito; todas as vosas cántigas en laios; cinguirei todos os lombos de saco, deixarei toda cabeza rapada, vouno dispor coma o pranto polo vinculeiro e o remate vai ser coma o dun día amargado.


O mesmo ca unha silveira revolta serán consumidos totalmente; coma a palla seca tamén eles serán devorados,


Pero Deus díxolle: "Insensato, esta mesma noite váiseche reclamar a túa vida: para quen será todo o que fixeches?"


Daquela habedes chorar e hanvos renxer os dentes: cando vexades que Abraham, Isaac, Xacob e todos os profetas están no Reino de Deus, e que a vós vos botan para fóra.


Pero, ai de vós, os ricos, porque xa acadastes a vosa satisfacción!


Ai, cando todos falen ben de vós: o mesmo fixeron os seus pais cos falsos profetas!


A xente facía riso del, sabendo ben que estaba morta.


Nin haxa tampouco groserías, estupideces ou choqueiradas: son cousas que non proceden. En vez diso dádelle grazas a Deus.


Cando anden dicindo: "paz e seguridade", daquela caerá de súpeto sobre eles a desfeita, do mesmo xeito que lle veñen as dores á muller embarazada; e, de certo, non han de escapar.


Apalpade as vosas miserias, poñede o loito e chorade; que o voso riso se converta en pranto; e a vosa alegría, en tristura.


Porque dis: Son rico, xa teño fartura e non preciso de nada; pero ti non sabes que es unha besta, dás mágoa, es un mendigo cego e espido.


os fartos contrátanse polo pan, mentres que os famentos descansan; a que antes era estéril, dá á luz sete veces; a que antes se enchía de fillos, agora vese baldeira.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan