Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 6:23 - Biblia SEPT

23 Alegrádevos nese día, brincando de gozo, porque grande será a vosa recompensa no ceo, pois así mesmo foi como os pais deles lles fixeron ós profetas.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 6:23
45 Iomraidhean Croise  

Cando a arca do Señor entraba na cidade de David, Micol, filla de Xaúl, axexaba pola fiestra, viu como o rei David ía brincando e danzando diante do Señor e sentiu desprezo por el.


Ata o punto que, cando Iezabel mataba os profetas do Señor, el colleu a cen deles, escondeunos en covas, en grupos de cincuenta, e leváballes de comer e beber.


El respondeu: —"Ardo en celos polo Señor, Deus dos exércitos, porque os israelitas abandonaron a túa alianza, derrubaron os teus altares e mataron polo fío da espada os teus profetas. Quedo soamente eu, e búscanme para matarme".


El respondeu: —"Ardo en celos polo Señor, Deus dos exércitos, porque os israelitas abandonaron a túa alianza, derrubaron os teus altares e mataron por fío de espada os teus profetas. Quedo soamente eu, e búscanme para matarme".


Ela mandou entón un mensaxeiro, que lle fose dicir a Elías: —"Que os deuses me traten do peor, se mañá destas horas non teño feito contigo o que fixeches ti con eles".


Acab díxolle a Elías: —"Descubríchesme, meu inimigo". El respondeulle: —"Descubrinte. Xa que te vendiches, facendo o mal ós ollos do Señor,


e dilles de parte do rei: metede a este na cadea e taxádelle pan e auga, ata que eu volva coa vitoria".


Respondeulle o rei de Israel: —"Queda aínda un home, polo que se pode consultar o Señor: Miqueas, fillo de Imlah; pero eu aborrézoo, porque nunca me anuncia cousa boa, senón sempre desgrazas". Díxolle Ioxafat: —"Que o rei non fale dese xeito".


Daquela o rei xurou: —"Que Deus me castigue, se a cabeza de Eliseo, fillo de Xafat, queda hoxe enriba dos seus ombros".


pero eles burlábanse dos mensaxeiros de Deus, ríanse das súas palabras e mofábanse dos profetas, ata que a ira do Señor se acendeu sen remedio contra o seu pobo.


Pero eles rebeláronse contra ti, rexeitaron a túa Lei, mataron os teus profetas, que os amoestaban a retornar a ti, e fixéronse culpables de grandes ofensas.


Os xustos alegraranse á vista do escarmento e no sangue dos malvados bañarán os seus pés.


Entón o coxo saltará coma un corzo e a lingua do mudo cantará xubilosa. Si, saen á luz augas no deserto e ríos na estepa:


Estou castigando os vosos fillos en van: non aprenden; a vosa propia espada devorou os vosos profetas Vede que un león devorador vos anda arredor!


Alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa recompensa nos Ceos; do mesmo xeito perseguiron ós profetas anteriores a vós.


E en oíndo Isabel o saúdo de María, o neno brincoulle no ventre. Entón, chea do Espírito Santo,


Pois ó que chegou o teu saúdo ós meus oídos, brincou de alegría a criatura no meu ventre.


Vosoutros non; vós amade os vosos inimigos, facede o ben e emprestade sen esperardes nada a cambio. E así teredes unha gran recompensa e seredes fillos do Altísimo, pois El é bo cos malos e desagradecidos.


díxolle en voz alta: Érguete, e tente dereito sobre os teus pés! El deu un brinco e botou a andar.


dun brinco púxose en pé e camiñaba. Entrou con eles no templo, andando, choutando e loando a Deus.


Eles saíron de diante do consello moi alegres de resultaren dignos de sufrir por mor do Nome;


E non só isto, senón que estamos orgullosos nas tribulacións, sabendo que a tribulación xera a paciencia,


E por iso gózome nas fraquezas, nas afrontas, nas necesidades, persecucións e angustias que sufro por Cristo; porque, cando estou débil, entón é cando son poderoso.


Agora alégrome do que teño que padecer por vós; así completo na miña carne o que lles falta ás penalidades de Cristo polo seu corpo, que é a Igrexa.


Se padecemos con el, tamén reinaremos con el. Se renegamos del, tamén el renegará de nós.


deste xeito considerou meirande riqueza as aldraxes de Cristo cós tesouros de Exipto, xa que el ollaba a recompensa.


Pero sen fe é imposible que un lle agrade a Deus, pois quen quere achegarse a Deus precisa crer que El existe e que recompensa os que o buscan.


Cando vos vexades envoltos en diferentes tentacións, meus irmáns, tédevos por moi ditosos,


Máis ben alegrádevos, conforme ides tendo parte nos sufrimentos de Cristo, para que deste xeito cando se manifeste a súa gloria poidades tamén alegrarvos xubilosos.


Quen teña oídos escoite o que o Espírito lles di ás igrexas. O vencedor heille dar do maná escondido e tamén unha pedriña branca; e escrito na pedriña un nome novo que ninguén coñece, fóra daquel que a recibe.


O vencedor, a quen practique ata a fin as miñas obras, heille dar poder sobre os xentís,


Quen teña oídos, escoite o que o Espírito lles di ás igrexas. O vencedor heille dar a comer da árbore da vida, que está no xardín de Deus.


O vencedor será herdeiro de todo isto. Eu serei para el o seu Deus e el será para min o meu fillo.


O vencedor fareino columna do templo do meu Deus e prometo que xa non sairá fóra del; e escribirei nel o nome do meu Deus e o nome da cidade do meu Deus, da nova Xerusalén, a que baixa do ceo, de onda o meu Deus, e escribirei nel o meu nome novo.


O vencedor vaise vestir así con vestidos brancos e endexamais non borrarei o seu nome do libro da vida e responderei por el diante do meu Pai e diante dos seus anxos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan