Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 6:22 - Biblia SEPT

22 Ditosos vós, cando vos aborrezan os homes, vos expulsen e vos aldraxen, cando poñan nas listas negras o voso nome por causa do Fillo do Home:

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 6:22
29 Iomraidhean Croise  

Din: "Arreda, non me toques, que te podería consagrar". Estas cousas son fume nos meus narices, lume que arde todo o tempo.


Escoitade a palabra do Señor, os que tremedes coa súa palabra. Os vosos irmáns que vos aborrecen e que vos rexeitan por causa do meu nome dixeron: "Que o Señor mostre a súa gloria para que vexamos a vosa ledicia", pero eles quedarán avergonzados.


E pola miña causa hanvos levar ante gobernadores e reis, así daredes testemuño de min diante deles e dos pagáns.


Pola miña causa hanvos odiar, pero o que persevere ata o final hase salvar.


Quen trate de conservar a vida, perderaa; pero quen a perda por min, ese conservaraa.


E botárono fóra da viña e matárono. Que fará o dono da viña?


e todos vos aborrecerán por causa miña,


Ditosos os que agora pasades fame, porque Deus vos fartará. Ditosos os que agora chorades, porque riredes.


Con todo, moitos, tamén de entre as autoridades, creran nel, mais por causa dos fariseos non o confesaban, para que non os apartasen da sinagoga,


Hanvos expulsar das sinagogas; e mesmo chega a hora en que todo aquel que vos mate, coide que está dando culto a Deus.


Eu deilles a túa palabra, e o mundo aborreceunos, pois eles non son do mundo, como tampouco eu non son de mundo.


Non pode o mundo aborrecervos a vós; pero a min aborréceme, porque eu testemuño contra el que as súas obras son ruíns.


Respondéronlle eles: Ti naciches todo metido en pecados e vasnos ensinar a nós? E botárono fóra.


Fórono escoitando ata chegar a estas palabras; pero entón deron en berrar: Quita da terra a ese, que non merece vivir!


Nós descubrimos que este home é unha peste: fomenta enlizos entre todos os xudeus que hai polo mundo enteiro e é cabeza do partido dos Nazarenos.


Heille mostrar o que ten que sufrir polo meu nome!


Benia o home que resiste na tentación, porque, como a supere, recibirá o premio da vida, que Deus prometeu ós que o aman.


Pero, aínda supoñendo que tivésedes que sufrir por serdes xustos, benaventurados vós: non lles teñades medo nin vos asustedes.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan