Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 6:21 - Biblia SEPT

21 Ditosos os que agora pasades fame, porque Deus vos fartará. Ditosos os que agora chorades, porque riredes.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 6:21
56 Iomraidhean Croise  

Abraham prostrouse por terra e sorriu, pensando para si: —"Un home de cen anos terá un fillo, e Sara ós seus noventa parirá!"


Sara dixo daquela: —"Deus fíxome rir de contenta, e todos os que o oian, rirán coma min".


El sacia ós sedentos e farta de bens ós famentos.


Regatos de auga corren dos meus ollos, polos que non gardan a túa lei.


Estendo as mans cara a ti: coma a terra reseca, a miña alma ten sede de ti.


Mais eu verei con felicidade a túa presenza, ó espertar, saciareime de verte.


O Señor é a miña forza e o meu escudo; eu confío nel e axúdame. Alégraseme o corazón e doulle as grazas co meu canto.


Os nosos pecados oprímennos, pero ti perdoas as culpas.


Nesta montaña o Señor dos Exércitos ofreceralles a todos os pobos un banquete de boas talladas, de viños anellos, carnes ben condimentadas, viños refinados.


Ai, pobo de Sión, que habitas en Xerusalén, non chores máis: o seu favor acollerá o teu berro de auxilio; cando El o escoite, responderache;


Alegrádevos con Xerusalén, e brincade de ledicia por ela, todos os que a amades. Exultade con xúbilo con ela todos os que vos enloitastes por causa dela,


Se non lle facedes caso, eu chorarei ás agachadas, por causa da vosa soberbia correrán as miñas bágoas, bágoas baixarán dos meus ollos, xa que vai cativo o rabaño do Señor.


Eu saciarei de auga súa gorxa esgotada, encherei toda gorxa esmorecente.


Velaí, chegarán chorando; pero entre aclamacións de agradecemento, heinos conducir, heinos levar ós regueiros de auga por un camiño seguro onde non han tropezar. Si, volvereime pai de Israel, e Efraím será o meu primoxénito.


Quen me dera no deserto unha pousada de arrieiros, para deixar o meu pobo e afastarme deles, pois son todos uns adúlteros, unha banda de traidores.


Os seus fuxitivos escaparán, estarán nas montañas; coma as pombas no val, todos eles andarán escorrentados, cada un por culpa da súa iniquidade.


e díxolle o Señor: Atravesa a cidade, cruza Xerusalén e pon unha marca na fronte dos homes que fan dó e suspiran por causa de todas as abominacións que se cometen no medio dela.


Ditosos os que choran, porque eles serán consolados.


Ditosos os famentos e sedentos de xustiza, porque eles ficarán fartos.


ós famentos éncheos de bens, e ós ricos despídeos baleiros.


Xesús coa mirada posta nos seus discípulos dixo: Ditosos vós os pobres, porque voso é o Reino de Deus.


Ditosos vós, cando vos aborrezan os homes, vos expulsen e vos aldraxen, cando poñan nas listas negras o voso nome por causa do Fillo do Home:


Ai de vós, os que agora estades fartos: xa pasaredes fame! Ai de vós, os que agora rides: xa choraredes e xa laiaredes!


E Xesús botouse a chorar.


Respondeulle Xesús: Se coñecése-lo don de Deus e quen é o que che di "dáme de beber", ti mesma lle pedirías a el e el daríache auga viva.


Xesús respondeulles: Eu son o pan da vida: quen vén onda min, non pasará fame e quen cre en min, endexamais non terá sede.


Mesmo na hora presente pasamos fame e sede, e andamos esfarrapados; recibimos malos tratos e non temos acougo.


En traballos e canseiras, en abondas noites sen durmir, con fame e sede, a miúdo sen comer, con frío e sen roupa que vestir.


E por iso gózome nas fraquezas, nas afrontas, nas necesidades, persecucións e angustias que sufro por Cristo; porque, cando estou débil, entón é cando son poderoso.


pasamos por xente triste, e ben alegres que estamos sempre; pasamos por pobres, e mais enriquecemos a moitos; pasamos por xente que non ten nada, e mais témolo todo.


Benia o home que resiste na tentación, porque, como a supere, recibirá o premio da vida, que Deus prometeu ós que o aman.


E sentín unha forte voz que desde o trono dicía: "Velaquí a tenda de Deus onda os homes. Acampará entre eles: eles serán o seu pobo e El será o seu Deus e compañeiro.


Non terán máis fame nin sede, nin caerá endexamais sobre eles o sol, nin ningunha queimadura del.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan