Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 6:13 - Biblia SEPT

13 Cando se fixo de día, chamou ós seus discípulos e escolleu doce entre eles, ós que chamou apóstolos:

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 6:13
20 Iomraidhean Croise  

Estes son os nomes dos doce apóstolos: o primeiro Simón, chamado Pedro, e mais Andrés seu irmán, Santiago o do Zebedeo e mais Xoán seu irmán,


Xesús respondeu: Asegúrovos que vós, os que me seguistes, cando chegue o mundo novo e o Fillo do Home sente no trono da súa gloria, sentaredes en doce tronos para xulgardes as doce tribos de Israel.


Pero, vendo a multitude, sentiu unha fonda compaixón por ela, porque estaban todos derreados e esmorecidos coma ovellas sen pastor.


Cando volveron a reunirse con Xesús, os apóstolos contáronlle canto fixeran e ensinaran.


Entón chamou os Doce, e empezou a mandalos de dous en dous, dándolles poder sobre os espíritos malos.


Por iso dixo a Sabedoría de Deus: "Mandareilles profetas e apóstolos, e perseguirán a uns e asasinarán a outros";


para que, cando eu sexa rei, comades e bebades na miña mesa, e sentedes en tronos para xulgar as doce tribos de Israel.


Simón, a quen lle deu o nome de Pedro, e Andrés seu irmán, Santiago, Xoán, Filipe, Bartolomeu,


Dicíanse entón os discípulos, uns ós outros: Traeríalle alguén de comer?


Logo que chegaron, subiron ó cuarto de arriba, onde residían Pedro, Xoán, Santiago, Andrés, Filipe, Tomé, Bartolomeu, Mateu, Santiago o de Alfeo, Simón o Zelota e Xudas o de Santiago.


edificados sobre o alicerce dos apóstolos e dos profetas, sendo a pedra esquinal Cristo Xesús.


E a uns fíxoos apóstolos; a outros, profetas; a outros, mensaxeiros do Evanxeo; e a outros, pastores e mestres,


Por iso, meus sagrados irmáns, que tedes parte na mesma chamada celeste, atendede ó pregoeiro e Sumo Sacerdote da fe e da esperanza que profesamos, Xesús.


para que vos acorden as palabras que en tempos dixeron os santos profetas e o mandamento do Señor e Salvador, que vos transmitiron os vosos apóstolos.


E apareceu no ceo un gran sinal: unha muller vestida co sol, coa lúa baixo os seus pés e, na cabeza, unha coroa de doce estrelas.


Alégrate, ceo, por causa dela! E vós, os santos, os apóstolos e os profetas, alegrádevos! Porque Deus volveu contra ela a sentencia que un día ela lanzara contra vós".


A muralla da cidade tiña doce alicerces e sobre os alicerces, doce nomes, que son os dos doce Apóstolos do Año.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan