Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 5:8 - Biblia SEPT

8 Vendo isto, Simón Pedro botóuselle ós pés a Xesús, dicindo: Señor, arreda de min, que eu son un pecador.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 5:8
19 Iomraidhean Croise  

Aquel día David colleulle medo ó Señor e pensou: —"Como vai vir á miña casa a arca do Señor?"


A muller díxolle a Elías: —"Que temos que ver un con outro, home de Deus? Viñeches á miña casa para lembrarme os meus pecados e para matarme o fillo?"


—"Eu son un home feble, que che hei responder? porei a miña man sobre a boca.


Dicíanlle a Moisés: —"Fálanos ti, e escoitaremos; pero que non nos fale Deus, non sexa que morramos".


Eu dixen: "Ai de min! Estou perdido! Pois sendo un home de labios lixados, e que vive entre un pobo de labios lixados, vin cos meus ollos o mesmo Rei, o Señor dos Exércitos".


O escoitaren isto, os discípulos caeron debruzados, cheos de temor.


E cando entraron na casa atoparon o neno con María, súa nai. Prostráronse e rendéronlle homenaxe; logo, abrindo os seus tesouros, ofrecéronlle coma regalo ouro, incenso e mirra.


Replicoulle o centurión: aínda Señor, non son merecente de que entres baixo o meu teito, abonda cunha palabra túa para que o meu criado cure.


Fixéronlles entón acenos ós compañeiros da outra lancha para que lles fosen botar unha man. Foron e encheron as dúas lanchas tanto que, a pouco máis, van a pique.


Porque tanto el coma os seus compañeiros quedaron parvos con tanto peixe como colleran naquel lance.


María chegou onde estaba Xesús e, ó velo, caeu ós seus pés, dicíndolle: Señor, se ti estiveses aquí, non morrería meu irmán.


Igual—mente: agora vemos nun espello, escuramente; pero daquela habemos ver cara a cara. Agora coñezo dun modo incompleto; pero daquela hei coñecer tan ben coma Deus me coñece a min.


O velo, caín ós seus pés coma morto. Pero el puxo a súa man dereita sobre min e díxome: "Non teñas medo. Eu son o Primeiro e o Ultimo,


e díxolle Manóah a súa muller: —"De certo imos morrer, pois vimos a Deus".


Os de Betxémex preguntábanse: —"Quen poderá aturar ante o Señor, ese Deus santo? Onda quen subirá, lonxe de nós?"


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan