Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 5:5 - Biblia SEPT

5 Respondeu Simón: Mestre, pasamos a noite faenando e non demos collido un rabo de peixe, pero, xa que ti o dis, largarei o aparello.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 5:5
14 Iomraidhean Croise  

E os pescadores estarán de pé á beira do río: desde En—Guedí ata Eneglaim haberá secadoiros para as redes; os seus peixes serán por especies tan abundantes coma os peixes do Mediterráneo.


e dando voces suplicáronlle: Xesús, Mestre, ten dó de nós.


Achegáronse a espertalo, dicíndolle: Mestre, que afogamos! El espertou, e berroulles ó vento e ás ondas. Amainaron e veu unha gran calma.


Entón Xesús preguntou: Quen foi o que me tocou? Todos dixeron que eles non foran, e Pedro replicou: Pero, Mestre a xente estate apertando por todos os lados!


Cando eles se arredaban, díxolle Pedro a Xesús: Mestre, que ben que esteamos nós aquí! Queres que vos fagamos tres tendas, unha para ti, outra para Moisés, e outra para Elías? Pero non sabía o que dicía.


Tomando entón a palabra Xoán, dixo: Mestre, vimos un que botaba demos fóra no teu nome, e tratamos de llo impedir, porque non é dos nosos.


Vós sodes amigos meus, se facedes canto eu vos mando.


Súa nai díxolles entón ós servidores: Facede o que el vos diga.


Simón Pedro díxolles: Vou pescar. Eles contestaron: Imos nós contigo tamén. Saíron, e subiron a bordo. Pero aquela noite non colleron nada.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan