36 Tamén lles propuxo esta parábola: Ninguén racha un vestido novo para lle botar un remendo a un vestido vello, porque quedaría roto o novo, e no vello tampouco diría ben un remendo de pano novo.
Gardade os meus estatutos. Non aparearás animais de especies diferentes, nin sementarás no teu eido sementes diferentes, mesturándoas, nin vestirás roupas tecidas con fíos distintos de lá e de liño.
Que consenso pode haber entre o templo de Deus e mais os ídolos? Nós somos templo de Deus vivo; así o dixo Deus: hei vivir e camiñar con eles; serei o seu Deus e eles serán o meu pobo.