Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 5:30 - Biblia SEPT

30 E os fariseos e os seus letrados refungaban, dicíndolles ós discípulos: Por que comedes e bebedes cos recadadores e pecadores?

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 5:30
16 Iomraidhean Croise  

Din: "Arreda, non me toques, que te podería consagrar". Estas cousas son fume nos meus narices, lume que arde todo o tempo.


Porque, se amades os que vos aman, que recompensa ides ter? Non fan o mesmo os recadadores de impostos?


Cando tal viron os fariseos, dixéronlle ós discípulos del: Como é que o voso Mestre está a comer con recadadores e pecadores?


os letrados e fariseos, véndoo comer con eles, dixéronlles ós discípulos: Como é que come cos recadadores e pecadores?


(É sabido que os fariseos e os xudeus todos non comen sen lavaren ben as mans, seguindo así as vellas tradicións;


El preguntoulles: De que estades a discutir?


O fariseo, de pé, oraba para os seus adentros deste xeito: "Meu Deus, douche grazas porque non son coma os demais: ladrón, inxusto e adúltero; nin coma ese recadador.


Pero vendo aquilo, a xente empezou a murmurar: Entrou a se hospedar na casa dun pecador.


Un día que estaba ensinando, había sentados algúns fariseos e letrados que chegaran de tódalas aldeas de Galilea, de Xudea e tamén de Xerusalén. E, co poder do Señor, el facía curacións.


Os letrados e mais os fariseos empezaron a razoar: Pero quen é este, que así blasfema? Quen pode perdoar os pecados, senón unicamente Deus?


E aparece o Fillo do Home, que come e bebe, e dicides: "Mira que larpeiro, que bebedor e que amigo de recadadores e pecadores".


Vendo aquilo, o fariseo que o convidara dixo para si: Se este fose un profeta, coñecería quen é, e que caste de muller é a que o está a tocar, unha pecadora.


Fíxose un gran rebumbio; erguéronse algúns escribas do partido dos fariseos e dicían afoutos: Non atopamos nada malo neste home: e se é certo que lle falou un espírito ou un anxo?


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan