Isto será para min un alegre renome, un motivo de loanza e de gloria ante todos os pobos da terra, que oian todo o ben que eu lles fixen a Xudá e a Israel; os pobos saltarán e brincarán de ledicia por todo o ben e toda a paz que eu lles fixen.
Despois disto volverán os fillos de Israel, a buscar o Señor, o seu Deus, e a David, o seu rei, e volveranse tremendo de ledicia cara ó Señor e cara ós seus bens ó final dos días.
E así foi: no instante, ergueuse, colleu o leito, e foise diante de todos; de tal modo que todos ficaron pasmados, e daban gloria a Deus dicindo: Nunca tal cousa vimos.
Por iso, logo de os ameazaren novamente, deixáronos ir, non vendo a maneira de os castigaren por causa do pobo, xa que todo o mundo glorificaba a Deus polo que sucedera,