Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 5:22 - Biblia SEPT

22 Decatándose Xesús do que pensaban, díxolles: Que cavilades nos vosos adentros?

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 5:22
15 Iomraidhean Croise  

E ti, Salomón, meu fillo, coñece ó Deus de teu pai e sírveo con corazón perfecto e ánimo xeneroso; porque o Señor esculca os corazóns de todos e penetra todos os pensamentos. Se ti o buscas, atoparalo, pero se o abandonas, refugarate para sempre.


ti sabes cando sento e me levanto, penetras nos meus pensamentos desde lonxe.


Aborrece o Señor as malignas matinacións, mais as verbas axeitadas son limpas.


Eu chego para xuntar todos os pobos e as linguas, para que veñan e vexan a miña gloria.


Así fala o meu Señor, Iavé: —Sucederá no día aquel, que se che subirán os proxectos á cabeza, e cismarás en matinacións de destrución.


Xesús, ó sabelo, decidiu ir para outro lado, seguido por moitos e curando a todos.


El, coñecendo os seus pensamentos, díxolles: Todo reino dividido contra si mesmo fica asolado; nin pode manterse en pé unha cidade ou unha familia dividida contra si mesma.


Coñecendo Xesús o que pensaban, díxolles: Que cavilades nos vosos adentros?


Xesús decatándose díxolles: Como! Así que estades a falar de que non tendes pan! Seica non acabades de entender, nin caedes na conta do que quero dicir? Tan cegos estades?


Pero el díxolles: Por que estades asustados, e a que veñen esas dúbidas?


Os letrados e mais os fariseos empezaron a razoar: Pero quen é este, que así blasfema? Quen pode perdoar os pecados, senón unicamente Deus?


Que é máis fácil dicir: "perdoados quedan os teus pecados", ou dicir: "érguete e anda".


Pero Pedro díxolle: —Ananías, por que encheu Satán o teu corazón, para lle mentires ó Espírito Santo e defraudares no prezo da propiedade?


Collámolo a peito, xa que a palabra de Deus é viva e dinámica, máis cortante do que unha espada de dobre fío e que penetra mesmo alí onde se diferencian a alma e o espírito, as xuntas e a medula. Ela xulga os proxectos e os pensamentos.


e ós fillos dela vounos matar cun andazo. Así coñecerán todas as igrexas que eu son o que sonda os sentimentos e as intencións e o que vos dá a cadaquén segundo as vosas obras.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan