Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 5:21 - Biblia SEPT

21 Os letrados e mais os fariseos empezaron a razoar: Pero quen é este, que así blasfema? Quen pode perdoar os pecados, senón unicamente Deus?

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 5:21
23 Iomraidhean Croise  

El perdoa as túas culpas e sanda as túas doenzas;


Mais en ti está o perdón, para te faceres respectar.


Confeseiche o meu pecado, non che escondín o meu delito; dixen para min: —"Confesarei os erros ó Señor", e ti perdoaches a miña culpa.


Sexan como coaño ante o vento, e que os axote o anxo do Señor.


Agora vinde acá, e razoemos xuntos —di o Señor: Aínda que os vosos pecados fosen coma o granate, coma a neve branquexarán; aínda que fosen vermellos coma o carmesí, coma lá se volverán.


Eu, eu mesmo, pola miña bondade son quen limpa as túas rebeldías, e dos teus pecados non me lembro.


Fixen desaparecer as túas rebeldías coma unha nube, e como a néboa espesa os teus pecados. Convértete a min, que eu son o teu Redentor.


Quenquera que aldraxe o nome do Señor morrerá sen remedio. A comunidade toda terá que o matar a pedradas, sexa estranxeiro sexa nativo. Calquera que aldraxe o nome do Señor será matado.


Cambiará de actitude, terá compaixón de nós, esmagará as nosas iniquidades. Si, ti botarás no fondo do mar todos os nosos pecados!


Daquela o sumo sacerdote, rachando os vestidos, exclamou: Que necesidade temos de testemuñas? Vós mesmos oístes a blasfemia.


Entón algúns letrados dixeron para si: Este home blasfema.


Dade froitos dignos dunha verdadeira conversión, e non empecedes a dicir entre vós: "Somos fillos de Abraham". Asegúrovos que destas mesmísimas pedras pode sacar Deus fillos de Abraham.


Un día que estaba ensinando, había sentados algúns fariseos e letrados que chegaran de tódalas aldeas de Galilea, de Xudea e tamén de Xerusalén. E, co poder do Señor, el facía curacións.


Decatándose Xesús do que pensaban, díxolles: Que cavilades nos vosos adentros?


Entón os demais convidados empezaron a comentar entre eles: Quen é este, que mesmo pretende perdoar os pecados?


Respondéronlle os xudeus: Non te apedramos por ningunha obra boa, senón por blasfemia, pois ti, sendo home, faste Deus.


Quen acusará ós escolleitos de Deus? Sendo Deus o que perdoa,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan