Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 5:20 - Biblia SEPT

20 Vendo a fe que tiñan, dixo: Home, quédanche perdoados os teus pecados.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 5:20
16 Iomraidhean Croise  

O anxo dixo: —"Non poñas a man no rapaz nin lle fagas mal ningún. Agora dei comprobado que tes temor de Deus, pois non me negaches o teu fillo, o único que tes".


velaí: o meu amargo sufrimento volverase felicidade. Ti mesmo preservaches a miña vida do pozo da destrución, pois botaches sobre o teu lombo todos os meus pecados.


Nisto trouxéronlle un tolleito nunha padiola. Vendo a fe que tiñan, díxolle ó tolleito: Ánimo, meu fillo! Quédanche perdoados os teus pecados.


Que é máis fácil, dicir: "perdoados quedan os teus pecados"; ou dicir: "érguete e anda?"


Xesús, vendo a fe que tiñan, díxolle ó tolleito: Meu fillo, quédanche perdoados os teus pecados.


E díxolle a ela: Os teus pecados están perdoados.


Non precisaba de que ninguén lle dese informacións de ninguén, que ben coñecía el o que había no home.


Máis tarde atopouno Xesús no templo e díxolle: Mira que estás san; non volvas pecar, para que non che veña algo peor.


Cando chegou e viu a graza de Deus, encheuse de alegría e animaba a todos a se conservaren unidos ó Señor co corazón firme,


Estaba escoitando a Paulo, que falaba. Paulo, mirando para el e vendo que tiña fe para se curar,


A quen vós perdoades algo, tamén eu perdoo: que, ben mirado, o que eu perdoo se algo teño que perdoar, é por causa vosa, diante de Cristo,


Aturádevos uns ós outros e perdoádevos, cando un teña queixa doutro; coma o Señor vos perdoou, perdoádevos tamén vós.


Pode dicir alguén: "ti tes a fe, eu teño os feitos". Móstrame a túa fe sen feitos que eu polos feitos heiche de mostrar a miña fe.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan