19 Pero, non atopando por onde o meteren, debido á moita xente que había, subiron ó tellado e baixárono co leito por entre as tellas, ata deixalo no medio, diante de Xesús.
Unha tarde, ó erguerse do leito, púxose David a pasear pola terraza do pazo, e viu desde alí unha muller que se estaba bañando, unha muller, por certo, moi fermosa.
As casas de Xerusalén e mais os palacios dos reis de Xudá serán coma o Tófet; inmundas están todas as casas, onde queimaron incenso nas terrazas a toda a milicia celeste, e onde verteron libacións a deuses alleos".
Pero, non podendo chegar ó pé del, pola moita xente que había, levantaron o teito onde el estaba, e abriron un furado ata poderen meter o leito co enfermo, e descolgalo.