16 Mais el retirábase ós lugares arredados para orar.
Despois de despedila, subiu ó monte para orar el só, e alí colleuno a anoitecida.
E cando rematou de se despedir, foi orar ó monte.
Durante un bautismo xeral, e despois de se bautizar tamén Xesús, mentres oraba, abriuse o ceo
Por aqueles días foi orar ó monte, e pasou a noite orando a Deus.
Oito días despois desta conversa, colleu a Pedro, a Xoán e mais a Santiago e subiu ó monte a orar.
Mentres estaba orando, cambiou o aspecto do seu rostro, e os seus vestidos viraron brancos e resplandecentes.
Entón Xesús, decatándose de que o ían vir coller para proclamar o rei, retirouse só outra vez ó monte.