14 Logo mandoulle que non lle dixese nada a ninguén, e engadiu: Vai, preséntate ó sacerdote e ofrece pola túa purificación o ordenado por Moisés, para que lles sirva de testemuño.
—"Cando a un lle apareza na pel do seu corpo unha inflamación, un furuncho ou unha mancha branquexada brillante, que se converte nunha chaga de lepra, será levado a Aharón, o sacerdote, ou a un dos seus fillos sacerdotes.
e se a mancha no vestido ou na pelica ou no urdido ou no tecido ou en calquera peza de coiro é verdella ou avermellada, trátase de mancha de lepra. Terá que ser examinado polo sacerdote.