12 Dunha vez estaban nunha vila e un home todo cuberto de lepra, vendo a Xesús, botouse rostro en terra e rogoulle: Señor, ti, se queres, pódesme limpar.
Naamán, xefe do exército do rei de Aram, era un home de clase, mirado polo seu amo en moita estima, porque por el déralle o Señor vitorias a Aram. Pero este home valente era leproso.
David alzou os ollos e viu o anxo de Iavé entre a terra e o ceo, tendo na súa man a espada desenvaiñada, volta contra Xerusalén. Entón David e os anciáns, vestidos de saco, caeron sobre os seus rostros.
Xurdiu lume da presenza do Señor e devorou sobre o altar as graxas e o holocausto, á vista de todo o pobo; entón reloucaron e prosternáronse rostro en terra.
Precavédevos das chagas da lepra, poñendo moita atención e cumprindo todo o que vos ensinen os sacerdotes levitas. Estade atentos a facer tal como eu llelo mandei.
El respondeulle: —"Non: eu son o príncipe do exército do Señor, e acabo de chegar". Daquela, caeu Xosué de xeonllos en terra, e adorouno. E díxolle: —"Que quere mandar o meu Señor ó seu servo?"