Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 5:10 - Biblia SEPT

10 O mesmo lles pasaba a Santiago e mais a Xoán, fillos de Zebedeo, que eran compañeiros de Simón. E díxolle Xesús a Simón: Tranquilo, desde agora vas ser pescador de homes.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 5:10
14 Iomraidhean Croise  

Do mesmo xeito é semellante o Reino dos Ceos a un aparello de rapeta largado no mar, que recolleu peixes de todas as castes.


De seguida faloulles Xesús dicindo: Tranquilos, non teñades medo, que son eu.


Entón achegóuselle a nai dos fillos do Zebedeo cos seus fillos, prostrándose para pedirlle algo.


Díxolles: Vide comigo, e fareivos pescadores de homes.


Máis adiante atopou outros dous irmáns: Santiago e mais Xoán, fillos de Zebedeo, que estaban co seu pai na barca arranxando o aparello. Tamén os chamou, e


Díxolles Xesús: Vide comigo, e fareivos pescadores de homes.


Fixéronlles entón acenos ós compañeiros da outra lancha para que lles fosen botar unha man. Foron e encheron as dúas lanchas tanto que, a pouco máis, van a pique.


Porque tanto el coma os seus compañeiros quedaron parvos con tanto peixe como colleran naquel lance.


Simón, a quen lle deu o nome de Pedro, e Andrés seu irmán, Santiago, Xoán, Filipe, Bartolomeu,


estaban xuntos Simón Pedro, Tomé o chamado Xemelgo, Natanael o de Caná de Galilea, os do Zebedeo, e mais outros dous discípulos seus.


Quedaron cheos do Espírito Santo e puxéronse a falar noutras linguas, conforme lles concedía o Espírito.


No que se refire a Tito, é compañeiro meu e colaborador nos vosos asuntos; os outros irmáns son delegados das igrexas e honra de Cristo.


e para se desenguedellaren das trapelas de Satán, que os ten apreixados vivos para que lle fagan o que el quere.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan