E púxose de novo a ensinalos á beira do mar. Tanta era a xente reunida ó pé del, que tivo que subir para sentar nunha barca fondeada no mar, mentres o xentío estaba en terra, na ribeira.
Tanta era a xente reunida arredor del que se pisaban uns a outros. El comezou a falar dicíndolles primeiramente ós discípulos: Coidadiño co fermento dos fariseos, que é a hipocrisía!
Entón Xesús preguntou: Quen foi o que me tocou? Todos dixeron que eles non foran, e Pedro replicou: Pero, Mestre a xente estate apertando por todos os lados!
E ademais a estepa que ten o Xordán por fronteira, desde Xenesaret ata o mar da estepa, isto é, ata o mar Morto e ao Nacente onde está, augas abaixo, a liña divisoria de augas do Pisgah.
e desde a Arabah ata o Mar de Quinerot (ó oriente) e deica o Mar da Arabah —o Mar do Sal—, polo oriente, no camiño de Bet—Ieximot; e polo sur, a pé de Axdod—Pisgah.
E no val, Bet—Aram, Bet—Nimrah, Succot, Safón, o resto do reino de Sihón —rei de Hexbón—, o Xordán e a súa ribeira, ata o remate do mar de Quinéret, pola outra banda do Xordán, ó oriente.