Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 4:8 - Biblia SEPT

8 Respondeulle Xesús: Escrito está: Adorarás o Señor, o teu Deus, e só a El darás culto.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 4:8
14 Iomraidhean Croise  

Ezequías fixo entón esta oración ó Señor: —"Señor, Deus de Israel, que sentas sobre os querubíns, soamente ti es Deus sobre todos os reinos da terra.


Queden avergonzados, enteiramente abatidos, que se vexan perdidos e confusos.


Os ollos orgullosos abaixaranse, serán dobrados os homes ergueitos, soamente o Señor será enxalzado naquel día.


Pero el, volvéndose, díxolle a Pedro: Arreda de min, Satán! Ti es un tentador para min, porque non te deixas guiar por Deus senón polos homes.


Entón replicoulle Xesús: Arreda, Satán, porque está escrito: Só ó Señor, o teu Deus, adorarás, e só a El darás culto.


Respondeulle Xesús: Está escrito: O home vive de algo máis ca de pan.


Se me adoras todo será teu.


O Señor o teu Deus, respectarás, a El servirás e a El has de te apegar e prestar xuramento no seu nome.


O Señor, o teu Deus, has de respectar, a El has de adorar; e has de facer o xuramento, invocando o seu nome.


Sédelle, logo, ben mandados a Deus; facédelle fronte a Satán e arredará de vós.


Resistídelle firmes na fe, sabendo que os mesmos sufrimentos lles están reservados ós vosos irmáns en todo o mundo.


Boteime ós seus pés para o adorar; pero el díxome: "Non, non o fagas! Son un servo de Deus igual ca ti e cós teus irmáns, que manteñen o testemuño de Xesús. Adora a Deus, que dar testemuño de Xesús é ter espírito profético".


Pero el díxome: "Non, iso non! Eu son compañeiro de servizo teu e dos teus irmáns os profetas e dos que fan caso das palabras deste libro: adorar, adora a Deus".


Entón falou Samuel deste xeito a todo Israel: —"Se vos convertedes ó Señor de todo corazón, desbotando de onda vós deuses alleos e Axtartés, se afincades no Señor o voso corazón, e se o servides só a el, o Señor libraravos da man dos filisteos".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan