Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 4:7 - Biblia SEPT

7 Se me adoras todo será teu.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 4:7
11 Iomraidhean Croise  

Postraranse ante el todos os reis da terra, servirano todas as nacións.


Así fala o Señor: "A man de obra de Exipto, os traficantes de Cux, os sebaís, homes de grande estatura, virán onda ti e serán teus, camiñarán detrás de ti con cadeas, virán prostarse ante ti e confesarán: Soamente contigo está Deus e non hai outro; non hai máis deuses".


Algúns sacan ouro da bulsa e pesan a prata na balanza, e páganlle ó ourive para que ó seu xeito faga un deus, próstranse ante el, e adórano.


E cando entraron na casa atoparon o neno con María, súa nai. Prostráronse e rendéronlle homenaxe; logo, abrindo os seus tesouros, ofrecéronlle coma regalo ouro, incenso e mirra.


E prostrándose, rostro en terra, ós pés de Xesús, deulle as grazas. Era un samaritano.


Díxolle o Satán: Dareiche todo o seu poder e toda a súa gloria, porque mos entregaron a min e doullos eu a quen quero:


Respondeulle Xesús: Escrito está: Adorarás o Señor, o teu Deus, e só a El darás culto.


O ver a Xesús, púxose a barullar e foi caer ó pé del berrando: Que teño eu que ver contigo, Xesús, Fillo do Deus Altísimo? Pídoche por favor que non me atormentes.


Eu Xoán, son o que oín e vin todo isto. Cando o acabei de oír e ver, prostreime en adoración ós pés do anxo que mo amosaba.


os vinte e catro anciáns axeonllábanse ante o que está sentado no trono e adoraban o que vive polos séculos dos séculos e botaban diante do trono as súas coroas, dicindo ó mesmo tempo:


Cando o colleu, os catro animais e os vinte e catro anciáns axeonlláronse diante do Año, con cadansúa cítara e con frascos de ouro cheos de perfumes, que son as oracións do pobo santo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan