Si, o Xeol ensancha a súa gorxa e abre sen medida a súa boca, a nobreza e mais a plebe destinadas ó Xeol baixarán a el, ó Xeol baixarán o barullo e a ledicia.
Vós sodes de voso pai o Satán, e queredes realizar os desexos de voso pai. Este foi asasino desde o comezo e non afincou na verdade, que nel non hai verdade. Se fala falsidade, fala do seu, pois é mentireiro e pai da mentira.
e neles camiñabades daquela seguindo os criterios deste mundo e seguindo ó príncipe do poder do aire, do espírito que agora actúa nos fillos desobedientes...
A besta que vin semellaba unha pantera pero as patas eran coma as do oso e a boca coma a boca do león. O dragón deulle a súa forza, o seu trono é o seu gran poder.