42 O abrir o día, saíu para un lugar arredado. Pero a xente buscouno, indo tras el e tratando de retelo para que non os deixase.
Pero, mal se foi, aquel home botouse a pregoar a nova, espallándoa de tal xeito que Xesús xa non podía entrar en vila ningunha, senón que quedaba fóra, nos arredores apartados. Pero aínda así acudían a el de todas as partes.
Pero eles porfiáronlle, dicindo: Queda connosco, porque se fai tarde, e a noite bótase enriba. Quedou con eles.
Por aqueles días foi orar ó monte, e pasou a noite orando a Deus.
Xesús díxolles: A miña comida é facer a vontade daquel que me mandou e levar a remate a súa obra.
Por iso os samaritanos chegados onda el, rogábanlle que quedase con eles; e quedou alí dous días.
Así que, en vendo a xente que Xesús non estaba alí, nin tampouco os seus discípulos, montaron nos botes e chegaron a Cafarnaúm buscando a Xesús.