Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 4:41 - Biblia SEPT

41 De moitos saían os demos tremendo e dicindo: "Ti es o Fillo de Deus". Pero el berráballes e non os deixaba falar, porque sabían que el era o Mesías.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 4:41
14 Iomraidhean Croise  

Pero Xesús calaba, e o sumo sacerdote dixo: Conxúrote polo Deus vivo que me digas se ti es o Mesías, o Fillo de Deus.


O tentador, achegándose a el, díxolle: Se es Fillo de Deus, manda que estas pedras se convertan en pan.


Contra a tardiña leváronlle moitos endemoñados, e coa súa palabra botoulles fóra os espíritos e curou os enfermos todos.


E berrando dicían: Que temos que ver contigo, Fillo de Deus? Seica vés para atormentáresnos antes de tempo?!


E díxolle Xesús: Mira, non digas nada; pero vai, preséntate ó sacerdote, e ofrece o donativo que prescribiu Moisés para que lles sirva de testemuño.


Xesús mandoulle: Cala, e bótate fóra dese home.


Chegada a tardiña, xa de sol posto, leváronlle todos os enfermos e endemoñados;


E sandou a moitos enfermos de varias doenzas e botou moitos demoños. Pero ós demoños non os deixaba falar, porque o coñecían ben.


Mesmo os malos espíritos, cando o vían, se prostraban ante el, proclamando: Ti es o Fillo de Deus.


Achegándose a onde estaba, ordenoulle á febre que a deixase, e deixouna. De seguida ergueuse ela, e púxose a servilos.


Estes escribíronse para que creades que Xesús é o Mesías, o Fillo de Deus e, crendo, teñades vida nel.


Ti cres que só hai un Deus? Fas ben, pero iso tamén o cren os demos e mais tremen.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan