40 A tardiña, cantos tiñan enfermos de calquera doenza leváronllos; el, impoñendo as mans sobre cada un deles, curounos a todos.
os cegos ven e os coxos andan, os leprosos fican limpos e os xordos oen, os mortos resucitan e ós pobres estáselles anunciando a Boa Nova.
Cando o soubo Xesús retirouse de alí nunha barca a un lugar deserto e arredado. En canto a xente o soubo, foino seguindo por terra desde as vilas.
porque curara a tantos que todos o querían tocar e ficar así ceibos das súas doenzas.
suplicándolle: A miña filla está a piques de morrer; ven impor sobre ela as túas mans, para que sande, e viva.
E non puido realizar alí ningún milagre, fóra dalgunhas curacións, que fixo impoñendo as mans.
A tal punto que poñéndolles ós enfermos os panos da man ou pezas del que tocaran o corpo, desaparecían deles as enfermidades, e marchaban os malos espíritos.
A tal punto que quitaban para as rúas os enfermos en camas e padiolas, para que cando pasase Pedro, polo menos a súa sombra cubrise algún deles.